www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 7 de Decembro de 2019

Cursos de fotografía, risoterapia, banda deseñada, cetrería, reciclaxe nas parroquias
Institucional • 18/02/2010
Autor: Lorena Otero

A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha o seu programa de actividades para o 2010 polas parroquias con cursos que abordarán a saúde, a imaxe e a comunicación así como a reciclaxe, entre outros. O custe dos obradoiros é de vinte euros.


O departamento que dirixe a nacionalista Ánxeles Babarro organizará durante este ano 2010 diversos cursos nas parroquias redondeláns. Unha oferta que abarca dende a imaxe e comunicación, con cursos de fotografía, retoque fotográfico, comunicación social e audiovisual, a obradoiros relacionados coa saúde, como os de risoterapia, arterapia, cromoterapia, musicoterapia ademais de pór en marcha tamén cursos de licores, conservas, cetrería, reciclaxe, banda deseñada e elaboración de xoias.


Os cursos teñen un custe de 20 euros, agás no caso do obradoiro de risoterapia que é de cinco euros. Para poder participar hai que inscribirse previamente no número de teléfono 986 400 300 no departamento de participación cidadá do concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Comentarios
Xoán Carlos
Sábado 20 de Febreiro de 2010 ás 15:04 horas
Participación Cidadá? Maís ven parece cultura, ensino, ou turismo! Cando participación cidadá se vai a preocupar para que funcionen regular e democráticamente, os Consellos Parroquiais? Ou a Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados? E que estes organos funcionen con independencia e influencia nas decisións do goberno municipal da cor que sexa: a verdadeira Participación Cidadá?

A Concellería de Participación Cidadá, só se adica a reforzar o traballo e activisade dos Centros Culturais Parroquias, que teñen a veciñanza adormilada e entretida en cursiños, e despreocupados da política municipal, promovendo activiades de ocio, para as clases con máisn poder adquisitivo, a través do previo-pago. Para iso non se precisa o traballo do Concello, é mellor que as asocicións e colectivos veciñais, aprendar autoxestionar e autofinanciar as súas propias actividades. E non potenciar unha política instaurada polo goberno local dende a xaime Rei é alcalde de clientelismo, e favores, a cambio de actividades nos centros veciñais. Non vou rematar a frzase para que Susi non me borre o correo, pero xa vos imaxinades o que penso do "BNG, PSOE e PP a mesma. . . . . . . é" (enche ti mesmo o espazo de puntiños)
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: