www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Medio Ambiente convoca aos veciños a participar nunha xornada de limpeza no río Alvedosa
Sociedade • 2/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A concellería de medio Ambiente convoca a todos os cidadáns e colectivos a participar nunha xornada de limpeza que se vai desenvolver o vindeiro sábado día 3.  Os obxectivos son dous, por unha banda colaborar na limpeza da canle do río e por outra, concienciar á cidadanía sobre a necesidade de manter limpa a natureza. Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo unha vez rematada a xornada.


Poden participar todos os que o desexen presentándose este sábado ás 10:30 horas na zona do río que se atopa á altura dos Xulgados ou anotándose previamente no número 986400300 ou ben no correo electrónico medioambiente@redondela.es


Unha vez reunido o grupo repartiranse luvas, bolsas e outro material que facilite a recollida de lixo, tanto na canle do río como nas beiras e farase un percorrido ata chegar a fervenza de Reboreda.


Dende a Concellería, Miguel Angel Alvarez Ballesteros anima aos veciños a participar "nunha xornada lúdica que serve para coñecer e respectar o noso entorno". Lembra que está aberta a todas as idades, tendo que ir os menores de 16 anos acompañados dun adulto, e que todos os participantes recibirán un pequeno agasallo unha vez remate a xornada de limpeza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: