www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

A agroecoloxía invade a Alameda
Cultura • 1/10/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela acolle este sábado o VI encontro da rede galega de sementes con actividades para grandes e pequenos a partir das 11:00 horas. Mesas redondas, obradoiros de extracción de sementes, postos para a venda de produtos ecolóxicos centrarán unha xornada que xirará en torno á conservación de sementes e na que os máis pequenos contarán co seu espazo específico, cun obradoiro de "nendo dango"  (boliñas de barro para a sementeira) e outro de espantallos.


Unha actividade promovida pola Rede Galega de Sementes que fomenta a conservación das sementes de orixe autóctono e biolóxico e loita os intereses das multinacionais por facerse ca propiedade das sementes. A Rede Galega tamén fomenta a agricultura ecolóxica, á artesanía, o consumo consciente e a participación veciñal comunal e solidaria.


Nese marco móvense as actividades que se van desenvolver o sábado na Alameda (no caso de choiva a feira trasladarase a antiga feira do gando) e que arrancarán ás 11 coa apertura da mesa de troco. Ao mediodía celebrarase simultaneamente un obradoiro de inxertos e outro de nendo dango, orientado aos nenos no que aprenderán a facer boliñas de barro para sementar.


Xa pola tarde celebrarase unha mesa redonda sobre experiencias colectivas agroecolóxicas que contará coa participación da Asociación "Catro ponlas", o Sistema de participación de garantía "A Gavela", o  Grupo de consumo "Des-pensa" do Val-Miñor e o  Mercado social galego.


Unha xornada na que haberá diferentes postos que ofrecerán productos variados como froitas e verduras, mel ou plantas medicinais.


Un obradoiro de espantallos para toda a familia ás seis da tarde e outro de extracción de sementes que arrancará media hora despois pechará a xornada de actividades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: