Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Bas e Silva prometen "lealdade institucional" para traballar xuntos "polo ben dos redondeláns"
Institucional • 1/10/2015
Autor: Ana Prieto

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou esta mañá o Concello de Redondela para reunirse co alcalde, Javier Bas, e establecer "as liñas de traballo" entre os dous organismos. Silva explicou tamén que as obras da estrada do Galleiro que realiza a Deputación, remataranse "tal e como estaban proxectadas e con todas as garantías".


Infraestruturas, seguridade viaria, instalacións deportivas, emprego e turismo serán os eidos nos que Concello e Deputación traballarán "de xeito coordinado". O alcalde, Javier Bas, salientou "a boa sintonía" na xuntanza entre as dúas administracións, e o compromiso para traballar conxuntamente en diferentes proxectos "que aínda haberá que matizar". Entre as actuacións das que falaron Base e Silva están as obras da estrada do Galleiro, en Vilar, onde os veciños reclaman o remate dos traballos, así como outras demandas na estrada provincial do Viso e no campo de fútbol da parroquia. Silva lanzou tamén unha mensaxe de tranquilidade para os veciños da estrada do Galleiro, aos que asegurou que as obras "rematarán con todas as garantías", porque esa é a obriga da Deputación. Foi unha longa xuntanza, de hora e media de duración, que segundo a presidenta da Deputación serviu para sentar as bases da "cooperación e a colaboración" entre as dúas administracións cunha liña de contacto "permanente". As infraestruturas, a seguridade viaria, as dotacións deportivas, o turismo e o emprego serán os eidos nos que Concello e Deputación traballarán de xeito coordinado e con "lealdade institucional" para mellorar a calidade de vida dos veciños de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: