Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Montse Fajardo presenta en Redondela "Un cesto de mazás", libro homenaxe ás vítimas do 36
Cultura • 30/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Este libro homenaxe ás vítimas silenciadas da nosa historia recente recolle dezaseis historias de represión contadas por persoas moi próximas ás protagonistas. Un dos relatos, 'No bornal do zapador', achéganos a historia dunha das vítimas: a do redondelán Antonio Pérez Acuña. Un acto literario e reivindicativo que terá lugar o venres 2 de outubro ás 20:30 na Casa da Cultura.


Xunto co autora participará tamén Susana Pérez, neta de Antonio Pérez, veciño de Redondela e un dos protagonistas do libro. Intervirá o concelleiro de Patrimonio Histórico de Pontevedra e membro de "A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa", Luis Bará e Andrés Laxe, membro da Asociación Cultural Alén Nós


Un libro que "é unha homenaxe imprescindíbel ás vítimas silenciadas da nosa recente historia. No que se fala da vítimas evidentes pero tamén das outras. Das nais que pasean de noite en busca da Santa Compaña para ver unha vez máis ao fillo fusilado. Das nenas que miran pola ventá unha escola na que non teñen cabida as irmás dos roxos. Das viuvas que trasladan o cadaleito soas. Dos orfos que marcan co pau da luz as foxas sen nome".
'Un cesto de mazás' fala de persoas detidas, fusiladas, asasinadas en cunetas, agochadas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña, humilladas...


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: