www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A Feira do Troco consolídase en Redondela
Sociedade • 18/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza este sábado unha nova edición da Feira de Troco a partir das 11:00 nos soportais da Casa do Concello. O obxectivo é promover un consumo máis responsable e respectuoso co medio ambiente.


Darlle unha nova oportunidade a obxectos que temos por casa e que xa non usamos a pesares de atoparse en bo estado é o obxectivo principal desta actividade que ve no troco un "antídoto contra o consumismo irracional alén dunha escusa para compartir, coñecer xente nova e construír unha nova sociedade cuns valores e actitudes máis respectuosas co medio ambiente e as persoas que vivimos nel".


O sistema de troco do sábado segue a mesma dinámica que en edicións anteriores. As persoa interesadas poden levar aos Soportais do Concello ata seis obxectos aos que non lle dean uso, mais que estean en bo estado. Entre as 11:00 e as 12:30 recolleranse eses obxectos entregándose un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:20 e as 13:30 os vales poderanse trocar polos obxectos depositados. Cada vale pode ser trocado por un obxecto. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas nun mesmo obxecto, darase prioridade á numeración dos vales.


Un actividade que pretende ter periodicidade bimensual e que está a ter unha gran acollida por veciños da vila e de fora que cambian nesta feira produtos como libros, música, roupa e incluso obxectos nalgúns casos sorprendentes.

Comentarios
Sergei Bubka
Venres 19 de Febreiro de 2010 ás 09:35 horas
Canto rancor neste comentario. Uy! O mellor que podes facer é levar toda esa xenreira e trocala por un pouco de alegría e benestar. Non hai que fixarse por quen fai as cousas, senón polas cousas que se fan. Se ti tes cousas que propor, non haberá lugares onde facelo e levalas a bo porto!

Máis amor e menos rancor gervarsio
gervasio de fer
Xoves 18 de Febreiro de 2010 ás 20:54 horas
estou mu contento pola iniziativa e polo tratamento fitosanitario que lle dades en radio nacional de redondela.
parabéns, paracetamol e demais, seña Queimaliños.
Pedro
Xoves 18 de Febreiro de 2010 ás 17:24 horas
Iso si que é falar!
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: