Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

AER critica que o PP non cumpra co seu compromiso de modificar os consellos parroquiais
Política • 28/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores reclama que se debata a posible modificación do regulamento que rexe estes órganos consultivos atendendo a un compromiso que o goberno local asumira no anterior mandato. Unha decisión adoptada en pleno co apoio de todos os grupos presentes na corporación polo que lamentan que o PP "sexa selectivo no cumprimento das mocións que se aproban nas sesión plenarias".


Explican dende AER que despois de que no anterior mandato quedara clara a intención por parte de tódolos grupos políticos representados no pleno de avanzar no proceso de revisión, para a posterior modificación, do regulamento dos consellos parroquias "atopámonos que neste mes de setembro estanse convocando os primeiros consellos parroquiais do novo mandato pero sen tan sequera mencionar este importante punto na orde do día".


Un comportamento que ao entender de AER amosa "que o Partido Popular e o goberno local non teñen interese en avanzar neste proceso que de seguro traería consigo modificacións substanciais e reiteradamente demandadas pola veciñanza no último tramo do anterior mandato".


Por ese motivo reclaman que nos vindeiros consellos parroquias se inclúa nas ordes do día o debate sobre a modificación do regulamento e mesmo que se fagan foros participativos abertos á veciñanza de debate sobre as propostas recompiladas. AER ademais insta ao goberno local "a que non sexa selectivo no cumprimento das mocións aprobadas en pleno, como é o caso, camiño que dista moito do que tería que seguir un goberno serio, eficiente e á altura da veciñanza de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: