www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Arranca a tempada con desiguais resultados para o balonmán local
Deporte • 28/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

SAR e Chapela viviron esta fin de semana as súas primeiras citas en primeira nacional masculina. Os de Redondela perderon na súa visita ao campo do Serviauto Bueu nun encontro que rematou co resultado de 28-24 mentres que o Construcciones Castro logrou a vitoria en Porriño nun partido que concluíu cun 23-28 no marcador. Arrancou tamén a segunda categoría do balonmán feminino con partido para a SAR que caeu ante o Uneatlántico Pereda por 33-24.

 


O Construcciones Castro cumpriu co obxectivo de vencer na súa primeira cita da tempada ante un Porriño a priori máis feble, por tratarse dun equipo recén ascendido. Con todo, os de Chapela  so lograron facerse co encontro logo de corenta e cinco minutos nos que a igualdade foi total.


Pola súa banda, o equipo de Redondela non foi quen de plantarlle cara ao Serviauto na súa visita a Bueu e perdeu o encontro por 23-28.  


Na vindeira semana a SAR xoga na bomboneira, onde recibirá ao OAR Coruña mentres que os de Chapela mediranse co Lavadores.




Na categoría feminina a SAR shopimagen xogaba na pita do Uneatlátnico Pereda, un encontro que rematou co resultado de 33-24.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: