www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Redondela pecha as contas do 2014 en positivo
Política • 25/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O pleno de Redondela aprobou onte a conta xeral de 2014 que pechou cun remanente de tesourería para gastos xerais de 538.000 euros. Unhas cifras que segundo o PP "demostran o bo facer do goberno local na xestións dos cartos públicos". Un discurso que non comparten os grupos da oposición que os acusan de "aforran nas partidas que son máis necesarias para os veciños e que teñen que ver cos Servizos Sociais".


A concelleira de Facenda, Carmen Amoedo asegurou que estas cifras son o resultado da boa xestión desenvolvida polo goberno popular dende a súa chegada á alcaldía de Redondela. Máis concretamente salientaba o bo facer da súa predecesora no cargo, a que fora concelleira Ana Alonso "que posibilita que poidamos traballar sen estaren controlados por ninguén".


Os grupos da oposición malia dar o seu apoio ao documento por tratarse "dun documento técnico" criticaron as políticas do goberno local xa que ao seu entender o remanente positivo logrouse aforrando en partidas de carácter social que son as máis necesarias para os veciños.


Dende o BNG Xoán Carlos González aseguraba que "o PP non inviste en partidas relacionadas cos servizos sociais mentres sí gasta todo o orzamentado nas actuacións máis visuais como pichi e cemento".


Mesma críticas tocáballe escoitar ao PP na voz do voceiro de AER, Ricardo Figueroa quen aseguraba que "as contas cadran porque non se gasta no necesario e si en pavillóns, parques infantís e outras actuación de cara a galería".


Argumento que tamén manexou o socialista Mauro Alvarez á hora de criticar as contas municipais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: