Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Descontos de ata o 70% na feira de oportunidades do comercio local
Sociedade • 24/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de empresarios e o concello de Redondela organizan por quinto ano a feira anual de oportunidades do comercio local que se vai desenvolver os días 26 e 27 na Alameda con descontos que poden chegar ao 70% nalgúns produtos. Habilitaranse zonas de xogo gratuítas e un espazo con gardería para facilitar aos clientes que poidan realizar as súas compras. Participan un total de cincuenta establecementos.


Esta edición volve celebrarse na última fin de semana de setembro coincidindo o sábado 26, en horario continuado de 10:00-22:00h,  e o domingo 27, tamén en horario continuado, de 11:00-21:00h. Moda, calzado e complementos constitúen case o 50% das actividades que se darán cita nesta feira, pero son moitos os sectores que completarán a ampla e variada oferta comercial: electrónica, informática, telefonía, xoiaría, libros, artesanía, alimentación, fogar, decoración, mobles, viaxes e, como novidade desta edición, beleza con descontos que nalgúns produtos poden chegar ata o 70% do seu prezo orixinal.


A Alameda contará con espazos de xogos e actividades e incluso un espazo con gardería que facilitará a clientela poder realizar as compras na mentres os nenos quedan nun espazo acoutado ao coidado de monitores. As zonas de xogo libre son totalmente gratuítas e xunto ao palco de música disporase dun mini parque de atraccións con vales de desconto que se poderán conseguir en todos os postos da feira.


A Feira de Oportunidades tense convertido nun evento de referencia para o comercio local porque lles permite achegarse aos seu clientes dun xeito diferente e poñer en venda o seu stock con prezos vantaxosos para os compradores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: