Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Cinemas de Galicia retoma a súa programación con 6 novas proxeccións en Redondela
Cultura • 24/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Axencia galega das Industrias Culturais, a Agadic é quen promove este circuíto de exhibición cinematográfica en espazos municipais co obxecto de que os veciños de concellos que carecen de salas comerciais teñan tamén a oportunidade e achegarse ao cine. Unha programación que se retoma este venres coa película As altas presións de Angel Santos. A proxección terá lugar ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Prezo da entrada 3 euros.


Cinemas de Galicia é unha rede de salas públicas para a exhibición cinematográfica impulsada pola Agadic, coa finalidade de incrementar o número de pantallas da Comunidade e mais as opcións de distribución dos filmes galegos máis recentes.


Nesta programación que arranca este venres 25 coa película As altas presións, ambientada en Pontevedra, atopamos tanto cine europeo como cine producido en Galicia e España xa que o obxectivo é facilitarlle ao público galego a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que, malia a súa contrastada calidade, non son doados de atopar nos circuítos comerciais segundo explicaba o director da Agadic, Jacobo Sutil.


Da banda do cine europeo o ciclo conta dende proxeccións belgas como Dous días, unha noite, ata filmes italianos, A grande beleza, ou franceses, Guillaume e os rapaces, á mesa! Así mesmo, neste novo ciclo inclúense películas orientadas aos máis novos como O pequeno mago que se proxectará ás 18 h o domingo 22 de novembro. Todos eles a un prezo económico, tres euros.


O ciclo iniciarase co filme As altas presións, unha roadmovie con espazos diversos e personaxes que se moven entre o cine, o teatro, o amor e a volta a casa, rodada en Pontevedra. Dirixida por Ángel Santos e protagonizada por Andrés Gertrúdix, Itsaso Arana, Diana Gómez, Juan Blanco e Marta Pazos entre outros, obtivo o Premio Jurado Campus "Las Nuevas Olas" á mellor película no Festival de Cine Europeo de Sevilla 2014.


 


As altas presións (Ángel Santos, 2014)


25 setembro, 21.00 h


 


Dous días, unha noite (Jean Pierre Dardenne, Luc Dardenne, 2014)


9 outubro, 21.00 h


 


A grande beleza (Paolo Sorrentino, 2013)


23 outubro, 21.00 h


 


Guillaume e os rapaces, á mesa! / Les garçons et Guillaume, à table! (Guillaume Gallienne, 2013)


30 outubro, 21.00 h


 


O pequeno mago (Roque Cameselle, 2013)


22 novembro, 18.00 h


 


O Raio (Fran Araújo e Ernesto de Nova)


4 decembro, 21.00 h


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: