Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O BNG de Soutomaior denuncia que o proxecto do IES non cumpre coas necesidades do concello
Política • 23/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os nacionalistas de Soutomaior aseguran que "o proxecto para a construción dun instituto no concello que presentou o PP é unha fraude e un insulto aos veciños ao contar con tan só 12 unidades e no que dificilmente terían cabida FP e Bacharelato" explica o portavoz nacionalista Manu Lourenzo.


Explica Lourenzo que "no proxecto inicial da Xunta veñen recollidas 16 unidades, non entendemos como o PP puido pregarse e aceptar un proxecto que supón unha fraude que reduce en catro unidades a licitación inicial".


O instituto terá capacidade para 360 alumnos "moi lonxe das necesidades reais dun concello como o de Soutomaior que conta con 8000 habitantes". Neste sentido apuntan que outros municipios con menor poboación contan con centros máis grandes "o de Ponte Caldelas con 5600 habitantes ten 20 unidades, con bacharelato e FP".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: