www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

O Choco queda a un paso da remontada
Deporte • 21/09/2015
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes fixeron un bo partido en As Pontes e recortaron distancias logo da vantaxe inicial dos locais por dous goles. Pero malia os intentos non conseguiron materializar o segundo gol que permitira a igualada.


Terceira División


As Pontes 2-1 Choco


As Pontes conseguiu unha nova vitoria en O Poboado, á conta dun Choco moi combativo. Os locais dispuxeron dunha vantaxe de dous goles no marcador, pero tiveron que sufrir até o final. A última media hora de partido foi xogada de poder a poder debido á incerteza no marcador. Os locais marcháronse ao descanso con vantaxe no marcador grazas ao tanto de Cañi. Foi unha primeira metade sen demasiadas ocasións de gol. As Pontes gozou durante este primeiro acto da posesión de balón e os redondeláns defendéronse con orde, mentres buscaban un erro do rival para facer dano xogando á contra. Na continuación os locais ampliaron a súa conta cun novo tanto, esta vez de Bossa. Unha vantaxe de dous goles que duraría pouco, xa que dous minutos despois Hugo acurtou distancias. Faltaba media hora de partido, e o 2-1 mantiña a incerteza no marcador. O Choco foi entón cando intensificou o dominio, os pupilos de Marcos Montes dispuxeron de ocasións para marcar, pero non tiveron a sorte de cara. Tras esta derrota, os redondeláns mantéñense na zona media da clasificación con seis puntos. A próximo fin de semana o Choco recibirá en Santa Mariña a un Boiro que os avantaxa en dous puntos na táboa.


Segunda Autonómica



Choco B 2-0 Nieto


Os dous equipos dispuxeron de ocasións, pero foi Manuel o que abriu o marcador para o filial do Choco na primeira metade. Tras uns minutos nos que os rivais dispuxeron de ocasións de xeito alterno, o Choco sentenciou cun gol de Kevin na segunda metade. Os redondeláns mantéñense na sexta praza do grupo. O domingo xogarán no campo do Teis, co que están empatados a puntos.


C.Vitoria 2-2 Chapela


Reparto de puntos entre Chapela e C.Vitoria, o que mantén aos redondeláns na cabeza da clasificación. Na próxima xornada reciben ao Miño, equipo que aínda non conseguiu sumar ningún punto no arranque de liga


Terceira Autonómica



Beretes Chapela 0-2 Coia


Os vigueses dominaron o encontro no que Crespo e Vila foron os autores dos goles. O Peña Beretes tentouno á contra, pero non foi quen de recortar distancias co Coia. Na próxima xornada xogan no campo do S.Roque, que lidera a táboa


At. Vilar 2-6 Oiense


O Oiense foi moi superior aos redondeláns, que se estrearon na liga recibindo unha goleada. Na próxima xornada visitan o campo do C.Areas, o pechacancelas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: