Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Arealonga e Campito lideran a Liga Galega Sur
Deporte • 21/09/2015
Autor: Ana Prieto

Un liderado anecdótico, logo da primeira xornada de liga, pero que é unha clara mostra do gran potencial do fútbol sala local. Os dous equipos de Chapela gañaron o seus encontros con clara superioridade, diante do Marín e o Verín. O Redondela F.S., pola súa banda, estreouse con derrota diante do Lume Bamboo.


Liga Galega Sur


Marín 1-8 Arealonga


Na que era a súa estrea na Liga Galega Sur, o Arealonga goleou a domicilio ao Marín, cun avultado marcador con resultado de 1-8. O equipo de Chapela encabeza así a clasificación nesta xornada inaugural. Con este excelente arranque preparan o próximo partido, o primeiro como locais, no que recibirán ao Baíña.


Campito 6-2 Verín


O Campito gañou en Redondela ao Verín cun contundente 6-2. Os de Fran Amoedo estrean así o campionato cunha inxección de moral ao vencer ao que fora un dos seus máis duros adversarios a pasada campaña. Os tres puntos sérvenlle aos de Chapela para ocupar a segunda praza na táboa, empatados co Arealonga, e tamén co Celedo, o Lume Bamboo, Tui Futsal e A Quinta de Tui. Na próxima xornada viaxan a Pontevedra para medirse ao Leis Marcón.


Redondela F.S. 1-4 Lume Baboo


O Redondela F.S. non conseguiu superar ao Lume Bamboo, e perdeu na bomboneira por 1-4. A próxima xornada desprázanse para xogar co Tui Futsal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: