www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

O Conservatorio convoca unha praza de profesor de linguaxe musical
Institucional • 21/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello convoca unha praza de profesor de linguaxe musical para o conservatorio e a escola de música de Redondela. O prazo de presentación de instancias remata o xoves 24 de setembro. As bases da convocatoria atópanse a disposición dos interesados no Departamento de persoal e na páxina web do concello no enderezo www.redondela.gal.


Os que queiran acceder a esta oferta laboral deberán contar, entre outros requisitos, co título de profesor de música grado medio ou título superior de música. A seleccións dos aspirantes realizarase polo sistema de concurso-oposición e a persoa finalmente seleccionada contará cunha xornada laboral de 22 horas semanais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: