www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

Detida unha veciña de Saxamonde por triplicar a taxa de alcol permitida ao volante
Sucesos • 17/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A moza, de 21 anos de idade, foi detida preto das catro da madrugada conducindo un Peugeot 205 cunha taxa de alcol que triplicaba a permitida segundo información da Policía Local. Onte producíase ademais un lume en Chapela que calcinou 700 metros cadrados de matogueira na zona das Catro Pontes


Os excesos do Entroido teñen tamén as súas consecuencias negativas. Unha moza de 21 anos de idade foi detida na madrugada de hoxe como presunta autora dun delicto contra a seguridade do tráfico por conducir cunha taxa de alcol de 0'77, triplicando o permitido.


Axentes da Policía Local que se atopaban realizando un control de alcoholemia de madrugada, detiveron a esta moza, que responde ás iniciais de B.M.C. ás 3:50 horas cando foi sorprendida ao volante dun turismo Peugeot 205 con síntomas de conducir baixo os efectos do alcol, polo que se procedeu a realizarlle a correspondente proba de alcoholemia, que deu positiva.


O vehículo foi inmobilizado e a moza trasladada ás dependencias da Comisaría de Policía en Vigo.


Lume en Chapela


Efectivos de protección civil e bombeiros de Vigo evitaron que o lume se propagase. O incendio, que se iniciaba ás 15:45 horas de onte na zona de Catro Pontes en Chapela puxo en perigo varias vivendas da parroquia.


O lume iniciábase a primeira hora da tarde por causas que se descoñecen e rapidamente extendeuse por unha zona de mato baixo e maleza que ocultaba un vertedoiro ilegal con neumáticos, colchóns e lixo. Os veciños tentaron sufocar as lapas, pero ante as dimensións que alcanzaba o incendio solicitaron a axuda de protección civil e bombeiros que rapidamente conseguiron extinguir o lume.


As lapas calcinaron unha extensión de terreo de 700 metros cadrados.

Comentarios
gregario ezequiel
Xoves 18 de Febreiro de 2010 ás 20:56 horas
hai que andearse cun cuidado de carallo. MIra qe cair, hic, nun control! Onde qedaría a bruxa Lola? Contró, contró!
Viva Galisia Seibe. Podé Copulá. Viva o Vloqe!
Alcoholímetro
Mércores 17 de Febreiro de 2010 ás 22:50 horas
Carnaval, carnaval...
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: