www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O fume procedente dunha caldeira obriga a desaloxar o colexio de Quintela
Sucesos • 17/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Un fallo na caldeira do colexio público de Quintela obrigou na mañá de onte a desaloxar ao exterior do edificio aos máis de 140 alumnos que neses intres asistían ás clases. A alarma produciuse ás 10:30 horas cando se observou que saía fume da caldeira. Ante o temor de que se puidera producir un incendio a dirección do centro decidiu desaloxar aos alumnos e alertar ao 112. O incidente produciuse por estar aberta a porta do queimador. Os nenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos, foron desaloxados sen incidencia e en tan só dous minutos.


O 112 puxo en alerta ao parque de bombeiros de Porriño e tamén se desprazaron ao colexio membros do GES (Grupos de Emerxencias e Salvamento) e a Policía Local aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención. Logo de comprobar que non había risco por lume nin gases os nenos foron regresando ás aulas.


O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, desprazouse ao centro educativos e confirmou que o problema produciuse por un fallo téncico por parte do equipo de mantemento da caldeira que esqueceron pechar unha comporta logo de realizar a revisión periódica.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: