www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

O Redondela F.S. comeza a liga co obxectivo de mellorar a terceira praza da pasada campaña
Deporte • 16/09/2015
Autor: Ana Prieto

A Liga Galega Sur arranca este sábado. O Redondela F.S. afronta o campionato logo de moitos cambios, con novo adestrador e co ambicioso obxectivo de mellorar a terceira praza acadada a pasada temporada.


A primeira cita oficial para os homes de Jorge Expósito será sábado ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Redondela ante o equipo Lume Bamboo. Un importante reto xa que se trata dun equipo moi traballado e de gran calidade, que xa destacou nos últimos anos pola súa versatilidade no campo. Os redondeláns queren comezar cun bo resultado diante dos seus seareiros, aos que animan a acudir ao partido, e demostrar que son quen de cumprir coas esixentes expectativas do club. A pasada tempada conseguiron acabar en terceira posición sendo o equipo revelación da categoría. Este ano o listón que se marcaron é lograr superar esta posición sen perder a súa identidade e o bo xogo realizado durante a pasada campaña. E na mañá do domingo tamén haberá ocasión de gozar do fútbol sala no Pavillón de Reboreda. Xogaranse dous encontros amigables entre os equipos femininos cadete e senior de Redondela F.S. e Campito F.S. a partir das 10:00 horas.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: