www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Curso de emprendemento feminino dende o rural en Saxamonde
Cultura • 15/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de mulleres Arela inicia o curso retomando as actividades de lecer, formación e crecemento persoal que habitualmente organizan e abren a todas as persoas que queiran apuntarse. Unha programación que este ano inclúe como novidade un curso de emprendemento feminino dende o rural que arrancará o vindeiro 25 de setembro. As persoas interesadas en inscribirse poden chamar aos teléfono 986 400 222 ou 661 837 597.


Dar saída laboral ás mulleres do rural partindo das súas propias capacidades, saberes e habilidades é o obxectivo do curso que arrancará o vindeiro día 25 e que será impartido pola cooperativa de Santiago Feitura Verde. Unha actividades que a Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde organiza por primeira vez co obxectivo de dar resposta ás necesidades das propias veciñas da parroquia pero que abren a todas aquelas mulleres que queiran inscribirse e valoren a posibilidade do cooperativismo como saída laboral. O curso desenvolverase os venres de 17:00 a 19:30 horas na Escola de Saxamonde.


Con todo, a programación que organiza Arela, unha asociación xa veterana e que conta cun total de 64 socias, abarca outros moitos aspectos con actividades de ioga, pintura, cestería, tapicería, restauración, repuxado en metais, canto e pandeireta, taichi, calceta e bordados, ximnasia mental e bailes de salón.


As persoas que desexen inscribirse ou informarse da calquera destas actividades poden facelo nos números de teléfono 986 400 222 ou 661 837 597.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: