www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

As obras do AVE obrigan a cortar ao tráfico a Rúa Eidos
Institucional • 17/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Dende hoxe e durante varios meses a rúa Eidos permanecerá pechada ao tráfico. Os condutores que se dirixan a Reboreda dende o centro da vila deberán facelo pola estrada de Pazos


A rúa Eidos, un dos viais que une o centro de Redondela coa parroquia de Reboreda, permanecerá cortada ao tráfico a partir das 14.30 horas de hoxe, mércores, con motivo do comezo das obras do tramo da liña do AVE que cruzará este vial.


Os vehículos que circulen en dirección a esta rúa  terán que facelo a través da estrada de Pazos, desviándose despois  en dirección a Pousadouro os que desexen acceder á zona que queda mais arriba das obras.


Polo contrario, aqueles que se dirixan á parte baixa dos Eidos -zona do cemiterio- poderán facelo por un vial que circula paralelo ás obras do AVE, e que foi rehabilitado estes días para permitir a circulación de vehículos.


A rúa permanecerá cortada mentres duren as obras deste tramo da liña do tren de alta velocidade e os viais  alternativos estarán debidamente sinalizados segundo informan dende a Concellería de tráfico.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: