www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Aberto o prazo para se inscribir nos cursos de Tai Chi que organiza Servizos Sociais
Sociedade • 11/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Ata o vindeiro 18 de Setembro os redondeláns poderán inscribirse no curso de Tai Chi que se inicia co novo curso e que se desenvolverá dende outubro ata xuño. Esta actividade realizarase ademais de no casco urbano de Redondela, nas parroquias de Chapela, Cabeiro, O Viso, Reboreda e Saxamonde.


Dende a Concellería anímase a os veciños a asistir a unha actividade que está enfocada a todas as idades e que permite aos participantes realizar un exercicio saudable que reporta beneficios en pouco tempo xa que se traballan diferentes aspectos como a forza muscular, a flexibilidade, o equilibrio e a coordinación. Uns beneficios físicos pero tamén psicolóxicos xa que reduce os niveis de estrés e ansiedade cos exercicios de respiración.


As persoas interesadas poden informarse e inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais ou chamar ao teléfono 986402608


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: