www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Os veciños de Chapela derruban un valado das obras da AP-9 na estrada do Torreiro
Sociedade • 10/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A reunión celebrada a pasada semana encamiñada a limar asperezas entre os afectados polas obras de ampliación da AP-9 e os responsables da obra, tanto Audasa como Fomento non trouxeron a paz a esta parroquia. Na xornada de onte un grupo de veciños derrubaron o valado que ocupaba un lateral da estrada que da acceso á Igrexa, ao cemiterio e ao propio Multiusos do Piñeiral. Unha acción que se producía de xeito espontáneo logo de quedar atrapado un camión no vial.


Os veciños amosan así o seu malestar ante unha situación que xa viñan denunciando. Cando a empresa encargada da obra colocou o valado que pechaba a beirarrúa e estreitaba a estrada xa advertiron da necesidade de deixar un paso para os peóns por tratarse dun camiño moi transitado. Onte cando o camión quedou atrapado no lugar sen poder manobrar decidiron actuar retirando o valado que quedou tendido sobre un lateral da vía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: