Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Rande traballa na conmemoración da batalla naval
Cultura • 8/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande arranca motores de cara a conmemorar o 313 aniversario da Batalla de Rande cun programa que se desenvolverá nas inmediacións do Meirande o sábado 17 de outubro. O acto central será a escenificación da batalla para o cal precisan de actores e de vestiario axeitado. Por este motivo convocan obradoiros de teatro e costura que arrancan este mércores baixo a dirección da Compañía de teatro Escuadra 17.


Estes obradoiros realizaranse nas vindeiras semanas os mércores e xoves en horario de tarde de 19:30 a 21:00 horas e son completamente gratuítos para todos os que queiran colaborar e participar activamente duns actos que vivirán a súa xornada grande o 17 de outubro.


O obradoiro de teatro está enfocado a todas as idades, sen importar a experiencia previa. Nas clases traballarase a posta en escena dos momentos históricos da batalla e costumes da época mediante a expresión corporal e vogal de xeito divertido e didáctico.


Imprescindible contar tamén para esa data con roupa axeitada, motivo polo que se organiza un segundo obradoiro de vestiario de época. Ademais da roupas prepararanse perrucas, calzado e complementos propios dos séculos XVII e XVIII.


As persoas interesadas pódense inscribir no teléfono 629823671 ou achegándose directamente á sede da asociación anexa ao Meirande.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: