www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

O Centro Recreativo aposta polo deporte para consolidar e incrementar socios
Sociedade • 7/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Vela, ballet e tenis son as novidosas propostas que pon en marcha o Centro Recreativo e Cultual de Redondela neste novo curso. O obxectivo é converter esta entidade nun referente deportivo sen esquecer o aspecto cultural que esperan consolidar con novas actividades, sendo a máis salientable a cinematográfica, na que están xa a traballar e que podería arrancar en outubro con proxeccións de cine infantil.


Éxito de participación nas clases de vela gratuítas que o centro Recreativo e Cultural en colaboración co Club Náutico convocou para a xornada de hoxe e mañá martes. 27 persoas inscribíronse para o día de hoxe e dende a dirección do Centro animan a que se apunten novos interesados para esas clases de iniciación que tamén se impartirán na tarde de mañá. Unha actividades que a partir do vindeiro mes impartirase todas as fin de semana cun custe de 20 euro para os socios e de 40 apra os non socios que poderán así gozar con este deporte náutico.


O deporte é a aposta da nova directiva que traballa xa para que se impartan clases de ballet a cargo da Escola de danza de Deborah Alfaya tanto para nenos como para adultos. Esperan contar tamén coa colaboración do concello para poñer en marcha unha escola de tenis.


O presidente da entidade, Daniel Virulegio, entende que o deporte pode converterse nun foco de atracción para lograr novos socios sen esquecerse das actividades culturais. Neste sentido, ademais de manter os cursos habituais esperan contar en breve cunha programación cinematográfica estable con propostas orientadas principalemente para o público infantil.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: