www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

A Plataforma critica que as autoridades non actúen ante os reiterados vertidos en Cesantes
Institucional • 16/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As sospeitas sobre o vertido que se producía na tarde do pasado venres recaen sobre unha conserveira situada nas inmediacións do porto. Dende a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón reiteran unha vez máis que este tipo de factorías deberían trasladarse a polígonos industriais lonxe dos peiraos


O colectivo sospeita que o vertido que se producía na tarde do venres no peirao e que tinxía as augas da ría procede unha vez máis dunha empresa conserveira situada a carón do porto de Cesantes quen xa "verteu ao mar en anteriores ocasións fluídos contaminantes".


Recriminan tanto ás autoridades locais como autonómicas que non fixeran nada para evitar que estes vertidos se repitan e reiteran que estas situacións poderían evitarse "se factorías como estas se ubicaran en polígonos industriais axeitados con todas as medidas de protección e seguridade que establecen as leis".


Tal e como xa facían o propio venres dende a confraría de pescadores, a plataforma alerta das nefastas consecuencias deste tipo de vertidos nunha zona de "reproducción de crías de peixes, moluscos, mariscos, mexillón e cultivos mariños e é a base natural que sustenta máis de 1.500 postos de traballo directos"


A Plataforma únese os mariñeiros e mariscadoras que deron a voz de alarme na denuncia e rexeitan estas agresións a Ensenada. Reclaman finalmente das autoridades que teñen a obriga de protexela que exerzan a súa obrigación de perseguir os causantes e se empece a remediar profundamente este problema acometendo o Plan de Saneamento Integral da Ría.

Comentarios
Andrés
Mércores 17 de Febreiro de 2010 ás 00:22 horas
Acaban de subir as taxas do auga en base ao custe da depuración da augas, e resulta, que seguimos contaminando, mesmo a escaso metros da depuradora existen diversas tubaxes que verten directamente as desembocaduras dos ríos Pexegueiro, Maceiras e Alvedosa. Xa queda menos para que Charles Palaces nos anuncie que o saneamento de Redondela está completo e rematado. ja, ja, ja
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: