www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Obradoiros de alimentación saudable para nenos
Cultura • 7/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Maimiña organiza durante o mes de setembro un taller de alimentación co obxectivo de que os máis pequenos traballen e se familiaricen con diferentes alimentos. Os obradoiros, que se impartirán nunha única sesión de tres horas no local da Sociedade de Agricultores de o Viso, son gratuítos para os socios e teñen un custe de 20 euros para os non socios e está orientados a nenos maiores de 2 anos.


O obxectivo de Maimiña é dar a posibilidade de que o maior número de rapaces participen, motivo polo que organizan esta actividade en horarios diversos. Así, haberá a posiblidade de se inscribir os días 8, 9, 11, 12 e 19 de setembro con sesións en horario de mañá e tarde de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas.


Nas tres horas de duración do taller os nenos elaborarán receitas sinxelas co obxecto de que se familiaricen e traballen con diferentes alimentos. A clase contará cunha parte teórica e outra práctica, pero tanto a charla como as receitas estarán adaptadas ó nivel dos participantes.


A inscrición farase por mail no enderezo maiminha.asociacion@gmail.com.


Para os socios será gratuíto e para os non socios terá un custe total de 20€ que deberán abonar o mesmo día do taller.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: