www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O Artelixo regresa ás rúas con 35 obras
Cultura • 4/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O certame Artelixo volverá encher prazas e escaparates de Redondela con arte elaborado a partir de material de refugallo. Unha cita cultural que quere servir tamén para facer reflexionar ao espectador sobre o lixo que producimos e a necesidades de darlle unha segunda vida. As obras participantes poderán verse dende este domingo día 6 ata o sábado 12 de setembro. O certame mantén actividades paralelas como o obralixo, orientado aos máis pequenos, e a jam sesión que se celebrará o venres na Alameda.


Unha fin de semana intensa para os organizadores que deberán ubicar as 35 obras participantes nos diferentes lugares elixidos. Unhas esculturas elaboradas a partir de lixo e que se converten en obxectos de arte que se poderán ver na alameda, diante do Concello e nas distintas prazas do casco urbano. Súmanse a estes escenarios os escaparates dos comerciantes que se ofrecen para albergar as obras de pequeno formato. Dende a organización distribuirán trípticos cun percorrido para facilitar a localización das obras e que o público non se deixe ningunha atrás.


Unha edición que se completa este ano co "obralixo" unha proposta orientada aos máis pequenos que se desenvolverá na Alameda o martes a partir das seis da tarde co obxecto de que os rapaces elaboren tamén as súas propias obras artísticas. A sesión de clausura será unha Jam Sessión que o vernes convida a todos os que queiran interpretar algún tema musical se suban aos escenario que se instalará na pista de baloncesto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: