www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Os redactores do Plan Xeral presentan o proxecto ante un auditorio ateigado de público
Política • 2/09/2015
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños encheron o Multiusos da Xunqueira para coñecer os detalles do Plan Xeral que está a elaborar o estudio de arquitectos Jornet Llop Pastor. Técnicos encargados da redacción do plan explicaron os diferentes mecanismos que se porán en marcha de cara a garantir a participación veciñal coa convocatoria de obradoiros didácticos, acompañamentos no rural e unha enquisa aberta a toda a cidadanía. Adiantaron que será un proceso longo "de tres ou catro anos".


A elaboración do Plan Urbanístico que debería ordenar o territorio nos vindeiros anos esperta o interese dos veciños. Así quedou patente onte na presentación de "IdeaRedondela" un proxecto que busca implicar a dar a coñecer a cidadanía cales son os pasos que se van dar nos vindeiros meses na elaboración do PXOM así como informar dos diferentes mecanismos a disposición dos veciños de cara a garantir a súa participación e favorecer así que haxa o maior consenso posible. O obxectivo é evitar "erros cometidos no pasado que obrigan ao concello a rexerse aínda polas normas subsidiarias de 1987" en palabras do alcalde Javier Bas quen insistiu en que "é interese do concello e de todos os grupos políticos sacar adiante o Plan Xeral".


Un plan que debe ordenar o territorio e determinar "que queremos ser" segundo explicaba  María Ríos Carballeira, técnica do estudio encargado do proxecto de redacción dun documento que "debe definir se queremos apostar por un concello basicamente urbano, industrial ou con características mías agrícola, un modelo de  concello que debemos conformar de xeito común con todos os veciños",


Gabriel Jubete i Andreu foi o encargado de abordar máis polo miudo as actividades concretas  "que permitirán manter unha comunicación continua entre o xeral e o particular, atendendo as particularidades de cada barrio e cada zona".


Unha comunicación que terán un piar importantes nas novas tecnoloxías cun enderezo que xa está a disposición de todos os que queiran facer calquera consulta en ideasredondela@redondela.es. Tamén traballan xa na creación de órganos de participación como as comisións de seguimento.


Unhas actividades que se completarán co obradoiros didácticos os días 5 e 6 de outubro nos que se explicará aos participantes a situación urbanística actual, sesións de acompañamento no rural, 10 sesións baixo o nome de obradoiros de futuro e unha enquisa aberta a toda a cidadanía.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: