Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A presenza de grandes pedras no areal limitan o uso da praia de Cabanas
Sociedade • 27/08/2015
Autor: Ana Prieto

Os cascallos dun muro que caeu o pasado inverno continúan no areal de Cabanas, en Rande. Os veciños da contorna lamentan que ao longo de todo o verán o uso da praia viuse limitado pola presenza destas pedras de grandes dimensións que non foron retiradas.


O grupo municipal socialista fíxose eco das queixas dos veciños, xa que as pedras tópanse na zona praia que se pode utilizar cando sobe a marea, o que dificulta que aos usuarios poder gozar do areal coa preamar. A edil socialista Digna Rivas denuncia que a veciñanza leva esperando "todo o verán" pola retirada das pedras da praia, e lamenta que para o goberno local haxa parroquias "de primeira e de segunda".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: