www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

O Centro de Transfusión de Galicia fai un chamamento para que os redondeláns vaian doar
Sociedade • 26/08/2015
Autor: Ana Prieto

As unidades móbiles estarán esta semana en Redondela o xoves, venres e sábado para recoller doazóns de sangue. O CTG insiste na importancia de doar "tamén no verán", xa que as reservas baixan e multiplícanse as urxencias por mor dos accidentes de tráfico.


Ángeles Pazos, voceira do Centro de Transfusión de Galicia, lembra que as unidades móbiles estarán mañá xoves en Chapela e o venres e sábado en Redondela. Confía en que "sexan moitos os que acudan a doar" nesta época estival, xa que as necesidades de reservas de sangue non diminúen durante o verán. As dez unidades móbiles do CTG visita todos os municipios galegos para acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias. Pazos explica que nos meses de verán é máis complicado acadar o número de doazóns necesarias, xa que se rexistra "unha maior deslocalización dos doadores habituais". Entre xuño e setembro as doazóns baixan entre un 10% e un 15% con respecto ao resto de meses do ano. Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue mañá xoves na Alameda de Chapela. De 15.30 a 21.00 horas. O venres estarán en Redondela, diante do Concello, de 10.00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas. O sábado no mesmo lugar en horario de mañá, de 10.00 a 15.00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: