www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Os afectados polas obras da AP-9 paralizan os traballos e esixen unha reunión con Ana Pastor
Sociedade • 25/08/2015
Autor: Ana Prieto

Os veciños de Chapela levan meses convivindo coas obras de ampliación da autoestrada, que paralizaron xa en varias ocasións. Esixen ao Ministerio de Fomento que "cumpra cos seus compromisos" e indemnice aos propietarios das vivendas afectadas. Demandan tamén máis seguridade nos tramos en obras, que afectan a servizos públicos.


Hoxe volveron paralizar as obras no tramo entre o Instituto e a Igrexa parroquial, igual que fixeran onte, para esixir ao Ministerio de Fomento unha solución. Francisco Puch, voceiro da Asociación Afectados pola Ampliación da AP-9, afirma que continuarán coas mobilizacións mentres non teñan unha resposta. Demandan a resolución urxente dos expedientes de expropiación do once casas afectadas que están aínda pendentes de valoración. Pero non só os veciños que van ser expropiados están a sufrir os problemas das obras, tamén o resto dos residentes, con continuos problemas por cortes de viarios, exceso de ruídos e vibracións, ademais de accesos inseguros e deficientes para persoas con mobilidade reducida. O colectivo de afectados presentou xa unha moción Concello na que solicitan o acordo da corporación para que se paralicen os traballos de ampliación, se constitúa a Comisión de Seguimento das obras e se solicite unha reunión coa ministra Ana Pastor, á que consideran "dobremente responsable", xa que ademais de ser a titular da carteira de Fomento é deputada pola provincia de Pontevedra. Representantes de todos os partidos políticos da corporación estiveron cos afectados, e apoian de xeito unánime as súas reivindicacións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: