www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

Tres novos parques para Redondela
Institucional • 24/08/2015
Autor: Ana Prieto

No mes de setembro serán renovados os parques infantís do Multiusos de Chapela, o parque da Nogueria e o da Teixeira, no Viso. A concelleira de Parques e Xardins, María José Barciela, anunciou que estes tres espazos serán integramente renovados con novos elementos de xogo e coa reparación dos elementos xa existentes.


O importe da actuación rondará os 50.000 euros, que serán financiados pola Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).A edil sinala que cando entrou a formar parte do goberno local había en Redondela 58 parques "non homologados", e que na actualidade os parques infantís de Redondela "son seguros para os nenos". Barciela advirte que estes tres parques de Chapela, Nogueira e a Teixeira están


deteriorados, malia ter gran afluencia de nenos a diario.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: