www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Visita ao Parque Arqueolóxico de Tourón
Cultura • 21/08/2015
Autor: Ana Prieto

O Obradoiro de Estudos Locais "Fernando Monroy" e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan esta noite unha visita guiada ós petroglifos do Parque Arqueolóxico de Tourón, en Pontecaldelas. Unha cita aberta ao público en xeral para coñecer unhas mostras de arte rupestre catalogadas entre as mellores de Europa.


A saída para a visita farase desde a coñecida como a "Curva do murallón", en Cesantes, ás 20.00 horas. O traslado ata Pontecaldelas realizarase en coches particulares, para reunirse ás 21.00 horas na caseta de información do Parque Arqueolóxico. Unha vez alí, Xosé Lois Vilar Pedreira, experto na materia, falará sobre as escenas de caza na arte rupestre galega-portuguesa, antes de percorrer as principais superficies gravadas de Tourón, que se contan entre as mellores escenas de caza de Europa. A visita será nocturna, axudados pola luz rasante de focos, polo que os asistentes deberán levar unha lanterna, ademais de roupa cómoda e calzado axeitado para desprazarse polo monte. Manuel Nieto, presidente do Obradoiro de Estudos Locais "Fernando Monroy", sinala que é a primeira vez que organizan unha actividade destas características. Fano en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos, e confían en que sexa un "éxito", dado o interese da visita.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: