Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 15 de Agosto de 2018

Xabier Alonso: "Mellorar as infraestruturas culturais de Redondela é unha das miñas prioridades"
Cultura • 20/08/2015
Autor: Ana Prieto

O novo concelleiro de Cultura de Redondela , Xabier Alonso, asume un novo reto na súa traxectoria profesional. Licenciado en Dereito e consultor especializado en artes e espectáculos, asume agora a responsabilidade da programación cultural de Redondela "do outro lado da mesa".


Alonso ten claro que Redondela "é un referente cultural" non só na provincia de Pontevedra, senón en toda Galicia, con certames como o Festival Internacional de Títeres, a programación teatral ou o Entroido de Verán, que se celebra este sábado. Para o concelleiro é importante "acompasar o crecemento" de eventos que atraen a Redondela a milleiros de persoas, para que non "morran de éxito". Outra preocupación do novo edil son os espazos culturais dos que dispón Redondela, como o Multiusos da Xunqueira e o do Piñeiral do Crego, en Chapela. Consciente das eivas que teñen estas infraestruturas, con capacidade de público moi limitada e problemas na conservación, recoñece que poder contar con novas instalacións "será moi difícil" no actual escenario económico, xa que se trata de inversións que supoñen "varios millóns de euros". Por iso aposta por sacar rendemento das instalacións actuais e melloralas. Alonso advirte deficiencias importantes nos dous inmobles, e as que máis lle preocupan son as que teñen que ver coa seguridade. Advirte que un día de lecer non pode converterse "no peor día dunha persoa", polo que aposta dotar aos auditorios dun plan de emerxencias que inclúa un acceso e evacuación axeitado, sobre todo para persoas con discapacidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: