Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Máis frecuencias no transporte público para o Entroido de Verán de Redondela
Institucional • 19/08/2015
Autor: Ana Prieto

As negociacións con Autos González e Monbús permitiron un importante incremento nas frecuencias dos autobuses entre Redondela e Vigo, e liñas exclusivas dende Porriño e Pontevedra para o día de Entroido de Verán. Ademais os usuarios que dispoñan da tarxeta do transporte metropolitano poderán facer uso e obter o desconto habitual.


Con esta medida, trátase fomentar o uso do transporte público e evitar o desprazamento en turismo do elevado número de persoas que se dan cita en Redondela nesta data do 22 de agosto, na que se agardan máis de 30.000 asistentes. Evítanse así colapsos de tráfico e problemas de aparcamento, malia que a organización habilitará zonas destinadas a estacionamento. Trátase tamén de evitar accidentes, xa que se trata dunha festas nas que os asistentes regresan aos seus domicilios a altas horas da madrugada, logo dunha longa xornada de troula. A empresa Autos González que fai a liña Vigo-Redondela ofrece autobuses cada media hora dende as 16 horas ata as 05.00 horas dende Vigo e dende Redondela de 16:30 da tarde do sábado ata as 09:30 da mañá do domingo. Monbús oferta as liñas exclusivas só para o sábado dende Porriño (Avda. de Galicia) con chegada a Praza de Ribadavia (A Farola) e dende Pontevedra (Estación de autobuses) con chegada a Santa Mariña con saídas frecuentes. O obxectivo do Concello é que os que o desexen poidan achegarse comodamente a Redondela e gozar da festa, coa tranquilidade de volver no momento que desexen en transporte público.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: