www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Mañá mércores remata o prazo para solicitar as axudas do comedor escolar
Institucional • 18/08/2015

As bases para acceder a estas axudas pódense consular no BOE do luns 20 de xullo ou na páxina web do Concello, e están destinadas a aquela familias cuxos menores estean escolarizados en centros públicos de Redondela. As bases establecen unha renda máxima para optar ás axudas.


Para a acceder ás mesmas establécense entre outros requisitos estar empadroado no concello e contar cunha renda per cápita que non supere os 6.000 euros no caso de familias monoparentais ou os 5.000 no caso de familias con tres membros.  A Concellería de Servizos Socias, Carmen Amoedo asegura que as bases foron modificadas para favorecer a familiar con menores recursos incrementándose a contía da subvención aos que teñen menor renda. O prazo de solicitudes remata o 19 de agosto.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do pasado luns 20 de xullo recolle as Bases reguladoras da convocatoria do programa de axudas de comedor escolar para o curso 2015-2016 dirixidas a aquelas familias que teñan fillos escolarizados nos centros públicos do noso municipio que dispoñan de servizo de comedor. O prazo de presentación das solicitudes é do 21 de xullo ao 19 de agosto, debéndose entrega nos Rexistros municipais situados na Casa do Concello ou na oficina de Servizos Sociais de Chapela, en horario de mañá de 9:00 a 13:30 horas.
As solicitudes poden descargarse a través de Internet, ben no propio Boletín Oficial ou a través da páxina web do Concello, e tamén poden recollerse persoalmente nas oficinas de Servizos Sociais das parroquias de Redondela ou Chapela. Tamén, e recollendo acordos e propostas do Consello Escolar Municipal, nestas bases recollese a posibilidade de un anticipo do 70% da concesión da subvención as Anpas, que seguirán xustificando trimestralmente. Esta era unha demanda das asociacións de nais e pais que dende o Concello queda tamén atendida.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: