www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Chapela acolle a súa I Exaltación do Mexillón con degustacións e animación musical
Sociedade • 14/08/2015
Autor: Ana Prieto

A pista deportiva do CEIP Laredo, no paseo de Cardona, é o lugar elixido pola Círculo Cultural Recreativo de Chapela para esta primeira festa do mexillón. Un produto moi vencellado á parroquia que poderá degustarse en diferentes variedades a prezos populares esta fin de semana.


Emilio Sánchez, presidente do C.C.R., salienta que o obxectivo principal é ofrecer aos veciños unha fin de semana de diversión, coa degustación do mexillón que é un dos produtos representativos da parroquia. A festa comezará o sábado 15 ás 18.00 horas, cando comezarán a servirse os mexillóns en empanada, ao vapor e á vinagreta. A partir das 22.00 horas comezará a actuación do Dúo Musical "Ana e Ricardo". O domingo 16 haberá festa todo o día. As degustacións comezarán ás 11.00 horas, e haberá actuacións folclóricas coa actuación do Grupo de Gaitas "Froles Mareliñas", así como o grupo de gaitas de Areas e as gaitas "Tarabelo". Pola tarde, a partir das 20.00 horas, actuación do grupo musical "Os Galeóns de Chapela". A organización ofrece os mexillóns a prezos populares, con racións a 2,50 euros, e tamén viños da terra e refrescos. Sánchez anuncia tamén que desde o C.R.C. de Chapela están a organizar xa outras actividades como unha excursión ás illas Cíes e a Festa da Sardiña, a finais de mes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: