Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

A praia de Cesantes acolle o II Trofeo Concello de Redondela de Voley Praia-Campionato Galego
Deporte • 14/08/2015
Autor: Ana Prieto

Durante toda a xornada do sábado e o domingo disputaranse os partidos nas categorías sénior, tanto masculina como feminina do II Trofeo Concello de de Redondela-Campionato Galego. O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, destaca a importancia de situar ao areal de Cesantes como un dos referentes do deporte de praia en Galicia.


Para o edil é algo moi positivo "completar a oferta de ocio do areal coa práctica de deportes", e aposta porque Redondela poña en valor un marco tan excepcional como a enseada de San Simón. Con anterioridade xa se disputaron torneos de "futvoley", e tamén de balonmán praia, tanto en Cesantes como na praia de Arealonga, en Chapela. A competición terá lugar o sábado desde as 10.00 ata as 21.00 horas e o domingo de 10.00 a 20.00horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: