www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Vitoria no balonmán local en Primeira Nacional
Deporte • 15/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Nin o Cathering nin a Sar defraudaron esta fin de semana. Dúas vitorias importantes que sitúan ao primeiro dos equipos como líder indiscutible da categoría logo de vencer por 25 tantos a 23 ao Xixón. Tamén un respiro para a SAR que vencía ao Puerto de La Cruz por 24 tantos a 22

 


A experiencia foi determinante no encontro disputado polo Canario Cathering en terras asturianas. Dende o primeiro minuto do encontro os galegos dominaron aos xogadores do Xixón o que lles permitiu rematar o encontro cunha vantaxe de dous tantos. Marcador final de 23 a 25 que permite ao equipo de Chapela continuar líder en primeira nacional e afrontar o vindeiro partido con seguridade. Un encontro que será determinante xa que se enfronta na vindeira semana ao segundo da táboa, o atlético Novas que está a tan só un punto do Cathering. Polo tanto partido de máxima rivalidade o que se poderá ver no pavillón de Chapela o vindeiro sábado.


A SAR pola súa banda tamén conseguiu dar un paso adiante cunha vitoria ante o Puerto de La Cruz que lles sirve aos redondeláns para escapar da zona perigosa da táboa. Enfrontamento na bomboneira da Sar contra un rival directo onde os de Fran Teixeira se aplicaron dende o primeiro ao último minuto para sacar adiante un partido que tivo un alto grao de emoción ata o final. Os tinerfeños pelexaron pero non foron quen de gañar un partido que rematou co resultado de 24 tantos a 22 a favor dos redondeláns, que se sitúan no noveno posto da clasificación.


Unha posición que poden mellorar se vencen na vindeira semana o encontro que disputarán fora da casa contra o último da categoría, o Covadonga.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: