www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

Alumnos de alfabetización e educación secundaria rematan con éxito os cursos de Benestar Social
Institucional • 13/08/2015
Autor: Ana Prieto

Os trinta alumnos que participaron nos cursos recibiron de mans da concelleira de Benestar Social, Carmen Amoedo, os diplomas acreditativos de ter superado a súa formación, tanto nos cursos de alfabetización como os de educación secundaria.


Este programa municipal promovido pola concellería de Benestar vai dirixido aos veciños usuarios do departamento de Servizos Sociais que non non cursaron estudos, ou ben que tiveron que abandonalos circunstancias persoais. Deste xeito poden continuar coa súa formación, co obxectivo de adquirir coñecementos que lles faciliten o acceso ao mercado laboral. As clases estanse impartindo en Redondela e en Chapela, e no novo curso 2015-2016, Amoedo estudará a posibilidade de establecer novos horarios que favorezan a máxima asistencia de alumnos. O curso que ven xa se atopa en proceso de contratación para poder iniciar as clases novamente en setembro.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: