www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Milladoiro encabeza o cartel das Festas de Reboreda, que celebran o seu 175 aniversario
Sociedade • 11/08/2015
Autor: Ana Prieto

A parroquia redondelá leva celebrando estas festas de xeito ininterrompido desde 1840, todo un fito na bisbarra. Unha festa que mesmo se seguiu celebrando nos duros anos da guerra e a posguerra. Manuel Lorenzo, o presidente da Comisión de Festas, amósase "moi orgulloso" deste aniversario que non ten precedentes na bisbarra.


Lorenzo sinala que a festa non sería posible sen a colaboración dos veciños e do comercio local. Por este motivo a comisión prepara unha edición moi especial, na que queren homenaxear a todos aqueles que fan posible esta celebración. Unha "festa familiar" na que todos os veciños participan, cunha semana grande na que Reboreda celebra a Asunción, Santa Ana e San Roque. Os actos relixiosos comezaron a pasada semana coas novenas e a actuación do Coro Liceo de Vilagarcía. Este xoves día 13 será un dos días grandes co concerto de Milladoiro, ás 22.00 horas no torreiro de Reboreda, grazas á colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra. Antes terá lugar a ofrenda de flores á virxe logo de rematar a misa. O venres será a Festa Parroquial de Santa Ana, con misa ás 19.30 horas e a celebración das Vodas de Ouro dos matrimonios da parroquia. Nesa mesma xornada a música correrá a cargo da Asociación Folclórica O Carballo das Cen Pólas, e as orquestras Trébol e Ritmo Noche. O sábado será a Festa de Santa María, con varios actos relixiosos e verbena coa orquestra Compostela e o grupo Almirantes. O domingo será a Festa de San Roque, con actos relixiosos pola mañá e a actuación das orquestras Poceiro e D´Lider para pechar os actos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: