www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

Esquerda Unida demanda que se dea prioridade aos trens de proximidade na comarca
Política • 11/08/2015
Autor: Ana Prieto

Na análise dos Orzamentos Xerais do Estado para 2016, o grupo comarcal de EU lamenta que sexan unhas contas "antisociais" que apostan por proxectos "elitistas e insostibles" como o AVE, mentres deixan de lado medios de transporte"máis vertebradores do territorio" como os trens de proximidade para unir a provincia entre Vigo e Vilagarcía.


EU denuncia que os orzamentos do Estado seguen apostando por infraestruturas de gran capacidade como a AP-9, A-57 e A-59. Mentres "deixan no esquecemento" melloras de capacidade e seguridade das nacionais que atravesan Redondela, como a N-550, N-555 e a N-552. Lamentan tamén o baixo investimento en I+D, xa que eliminando a parte militar, crece sobre o papel un 2,2%, quedándose en 2.511 millos. En canto ao gasto social, sinalan que é "completamente inercial", xa que o 39% do gasto é o comprometido en pensións. A outra gran partida é o desemprego que supón o 7%, con 19.820,94 millóns de euros ao pago de prestacións por desemprego o próximo ano, o que representa un 21,7% menos en comparación co orzamento de 2015, malia que a metade dos parados "non está recibindo ningún tipo de cobertura". Dubidan tamén que os 1.100 millóns destinados á dependencia cheguen para cubrir as necesidades dos 445.000 novos usuarios, xa que o orzamento debería elevarse ata os 3.100 millóns. Denuncia tamén EU que desde o ano 2011 o goberno central recortou un 37% o programa destinado a promocionar "a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes" e un 17% o programa dedicado a actuacións "para a prevención integral da violencia de xénero". Son estes algúns dos motivos polos que EU presentará emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2016, ao tempo que fará unha campaña informativa chamada "O cemento non se come".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: