www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Un total de 12 comparsas participarán no desfile do domingo polas rúas do centro urbano
Cultura • 12/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O centro urbano pecharase ao tráfico a partir das 16:30 horas. As oito agrupacións que quedaron fora do desfile ao superarse o número esperado critican á Concellería por deixar fora a comparsas de Redondela mentres que participan agrupacións de fora da vila.

 


O domingo día 14, a partir das cinco da tarde concentración no campo da feira das 12 comparsas que desfilarán posteriormente polas rúas da vila. As comparsas participantes este ano son: "Tío Emilio", "Camp" de Chapela -ambas fora de concurso-, "Fillos da auga, fillos do lume", de Matamá; "As Marchosas" de Arcade; "A comparsa de Beirán"; "Diablada de Bolivia"; "Rías Baixas"; "Bate no cobre", de Matamá; "Terra de Condes", de Cedeira; "FCC" e "La Cumparsita".


Tamén participa por segundo ano consecutivo "O Gran Circo de Saxamonde", unha comparsa da que forman parte 40 veciños de Saxamonde que aproveitan para facer parroquia e para divertirse, pero tamén para reivindicar unha vez máis a súa negativa a construcción dun parque industrial na zona que cambie o lugar.


Ao finalizar o desfile dará comezo unha gran verbena na praza do concello amenizada polo grupo Isla. grupo Isla.


As rúas  Alfonso XII e Ribeira permanecerán pechadas ao tráfico dende ás 16.30 horas.


Fora de prazo


Unhas celebracións que non van estar exentas de polémica, xa que houbo agrupacións que quedaron fora do desfile do domingo porque, segundo afirman, pechouse o prazo dous días antes do previsto por chegarse ao número máximo de comparsas para o desfile. As agrupacións que quedaron fora critican o proceder da concellería xa que nas bases non viña recollida esa posibilidade.


Lamentan que logo de meses traballando non se lles dea cabida no desfile e que non se teña en conta a procedencia, xa que quedaron fora comparsas de Redondela mentres que si van desfilar agrupación de Vigo ou O Porriño

Comentarios
avecica o avecilla o haber si pica
Xoves 18 de Febreiro de 2010 ás 21:03 horas
e lojo a jastar, e non hai diñeiro pa ná, Viva el pueblo de Redondela, que no lo hay más festero y simplón.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: