www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O Viso acolle a V Festa do Polbo
Sociedade • 7/08/2015
Autor: Ana Prieto

Este domingo o Campo da Gándara, en Tuimil, acolle a quinta edición desta festa gastronómica. A Teixeira vaise converter na capital gastronómica da bisbarra, con actividades que comezarán ás 11.00 horas coa degustación de produtos na carpa, xa que ademais do prezado cefalópodo, a organización ofrece tamén churrasco e chourizos a prezos populares.

 


Para favorecer a participación do público, a organización mantén os mesmos prezos da pasada edición. As racións de polbo venderanse a 8 euros. Desde a comisión de festas Fernando Veiga anima a todos os veciños da bisbarra á achegarse a esta festa, que malia celebrarse desde hai poucos anos, conta xa cun nutrido grupo de seguidores. Unha xornada non só gastronómica, senón tamén de lecer e convivencia na parroquia. Unha boa ocasión para reunirse coa familia e os amigos e gozar do xantar e a compañía dos seres queridos. A cita será no torreiro da Gándara, cunha ampla carpa para protexer aos asistentes do sol que se agarda para o domingo. Para animar ao público contarán coa música da charanga "A cabeza non para". O recinto conta ademais cunha ampla zona de aparcadoiro no campo de fútbol anexo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: