www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Dúas mil motos invadirán Redondela na I Concentración Vila dos Viadutos
Sociedade • 7/08/2015
Autor: Ana Prieto

A cita, organizada polo Custom Motoclub Redondela, será este sábado e domingo, días 8 e 9. As actividades centraranse no Campo da Feira, e haberá exhibicións acrobáticas sobre dúas rodas, concertos e degustacións gastronómicas. As rutas pola bisbarra completarán a oferta desta cita que o club redondelán quere consolidar no tempo.


O presidente do motoclub, Carlos Figueroa, explica que hai inscritos 2.000 motoristas para participar na concentración redondelá, coa participación de clubs de toda Galicia e tamén de Portugal, León e Asturias. Espéralles unha fin de semana cargada de actividades. O sábado con exhibicións a cargo de José A. Cuadrado, concertos con De Balde Rock, unha ruta nocturna ata a praia de Cesantes e fin de festa cunha discoteca móbil. Os que o desexen poden pasar a noite no pavillón municipal de Redondela, grazas á colaboración do Concello de Redondela. Xa o domingo sairán en ruta pola bisbarra cun percorrido que os levará por paraxes como o monte da Peneda, onde poderán gozar de espectaculares vistas panorámicas. O fin da concentración está previsto para as 15.00 horas do domingo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: