www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

A Praia de Cesantes acolle o domingo o II Trofeo Concello de Redondela de Futvoley
Deporte • 7/08/2015
Autor: Ana Prieto

Desde as 12 do mediodía e ata as 8 do serán o areal de Cesantes acollerá o campionato desta vistosa modalidade deportiva que mistura o voley praia e o fútbol. A concellería de Deportes tamén ven de facer un recoñecemento á nadadora Uxía Corral, que se proclamou gañadora da Travesía Udra-Pescadoira, en Bueu.


O marco incomparable da enseada de San Simón será o escenario. Un lugar moi axeitado para a práctica destes deportes, segundo o concelleiro Julio Mougán, que o Concello quere aproveitar para organizar actividades deste tipo. O edil de Deportes explica que é posible compaxinar o uso da praia por parte das familias e os bañistas cos deportes, "nun areal que se presta especialmente" para este tipo de disciplinas sen entorpecer aos que gozan do areal no seu tempo de lecer. A próxima semana, disputarase o II Trofeo Concello de Redondela de Voley Praia, no que se xoga o Campionato Galego. Será o sábado 15 e o domingo día 16 desde as 10.00 horas e ao longo de toda a xornada. Na categoría sénior a inscrición custa 20 euros por parella e na amateur 10 euros.


Recoñecemento do Concello a Uxía Corral


Este xoves, o Concelleiro de Deportes Julio Mougán, agasallaba a nadadora do Club Naútico Redondela Uxía Corral Santos, cunha replica en trapo da Coca de Redondela. Este recoñecemento tiña lugar na Piscina Municipal de Redondela. Os motivos explicábaos o concelleiro, por unha banda "porque é o lugar onde Uxía adestra unha media de dúas ou tres horas varios días a semana" e, por outra, para "agradecer" o trato que a empresa Serviocio ofrece ao Club Naútico Redondela. Con este acto o Concello quería salientar os resultados "extraordinarios" de Uxía en mar aberto, co ouro na VII Travesía a nado Udra-Pescadoira, Bueu, a prata na XX travesía a nado Porto de A Guarda e o bronce na VI Travesía a nado Vila de Baiona. A nadadora comentaba que era a primeira vez que nadaba unha proba tan larga, e tivo momentos "moi duros", pero que rematou con moitas forzas "e coa sorpresa da vitoria".


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: