www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O espazo Mínima Expresión estrea unha nova instalación do artista vigués Pedro Sardiña
Cultura • 6/08/2015
Autor: Ana Prieto

Mañá venres ás 21 horas o colectivo Pitrina, dentro do espazo Mínima Expresión, presenta a 6º edición coa instalación da man do artista vigués Pedro Sardiña que ten por título "Descerebrados humillados aplaudindo colgados alimentan o capital".


A obra, que poderá visitarse no local da rúa pai Crespo, DiscoTasca, é unha reflexión que o artista fai "sobre os momentos convulsos e difíciles nos que vivimos". Malia iso, Sardiña afirma que algúns confían en que "outra realidade é posible" máis aló mesmo de que esteamos mergullados nesta situación "que outros pretenden silenciar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: