www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Ana Mª Otero Mosquera gañadora do premio do comercio local polo día dos Namorados
Institucional • 12/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O boleto premiado fora selado na Floristería Girasol. A afortunada poderá gozar esta fin de semana dunha estancia para dúas persoas no Pazos Torres Agrelo


Ana Mª Otero Mosquera resultou gañadora no concurso realizado pola Asociación de Empresario co gallo da celebración do día dos namorados. O premio consiste nunha estancia para dúas persoas esta mesma fin de semana no pazos Torres Agrelo. Esta veciña de Redondela realizara a súa compra no establecemento Floristería Girasol.


O premio deuse a coñecer ao medio día de hoxe no local da asociación.


A afortunada será recollida ás 21:30 horas no seu domicilio por un coche clásico que a desprazará xunto ao seu acompañante ao establecemento de turismo rural onde se lles agasallará cunha cea.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: