www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Aberta a inscrición para participar no Artelixo 2015 que chega con novidades como o "Poemalixo"
Cultura • 4/08/2015
Autor: Ana Prieto

As obras de arte feitas con lixo volverán ás rúas de Redondela entre os días 6 e 12 de setembro, cando se celebre o Artelixo 2015. Todos aqueles que queiran participar cunha proposta feita con material de refugallo poden facelo enviando o seu bosquexo a artelixoredondela@gmail.com antes de 25 de agosto.


O lixo volve reivindicar unha nova vida, artística, contestataria e rebelde. O Artelixo 2015 está xa ás portas, e os seus organizadores abren a inscrición para todos os que queiran participar coa súa obra de arte feita con material de refugallo. Os traballos estarán expostos na rúas, prazas e escaparates de Redondela entre os días 6 e 12 de setembro, polo que poderán sufrir "as modificacións propias da exposición ós elementos meteorolóxicos e humanos". Para participar tan só é necesario enviar un pequeno pequeno debuxo (bocetolixo) co título da obra, o nome do autor, ou alcume, e os materiais utilizados antes do 25 de agosto. É preciso indicar tamén o lugar onde o autor pensa que encaixaría mellor a súa obra. Deben incluírse tamén e as necesidades técnicas para que poder facer a montaxe. Todo iso debe enviarse ao enderezo electrónico artelixoredondela@gmail.com. O Artelixo 2015 traballa tamén xa con novas iniciativas como a acción poética "Poemalixo". Por iso animan tamén aos participantes a escribir un poema, relacionado ou non coa obra, para expoñelo pola vila.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: