www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Medio Ambiente reparte 500 conos para evitar as cabichas nas praias
Sociedade • 30/07/2015
Autor: M. X. Queimaliños

O obxectivo da Concellería e promover que tanto as cabichas "un residuo altamente contaminante e cun tempo de degradación moi longo" como outros pequenos desperdicios non sexan botados na area. Os conos xa comezaron a repartirse nas praias na pasada semana e tamén se poden recoller gratuitamente nos postos dos socorristas.


Dende a Concellería de Medio Ambiente estase a realizar nas últimas semanas un reparto polas praias de Cesantes e Chapela de conos para tratar de evitar que os bañistas tiren nos nosos areais cabichas, cáscaras e outros pequenos residuos que resultan imposibles de limpar polas máquinas de limpeza de praias.


"As cabichas son un residuo moi común nos nosos areais, e malia que parecen uns residuos insignificantes son moi contaminantes para os peixes e é moi difícil eliminalas das nosas praias mediante a limpeza que se realiza habitualmente por iso intentamos concienciar aos fumadores intentando facilitarlles unha maneira cómoda de desfacerse delas" afirma Miguel Ángel Álvarez responsable do departamento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: